Lepadogaster
Lepadogaster
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes teleósteos, da familia dos gobiesócidos, que ten a cabeza plana e un par de ventosas baixo o ventre para poder fixarse ás rochas. As súas especies aliméntanse de crustáceos e poliquetos. En Galicia está presente a especie L. lepadogaster.