Lepanto, Batalla de

Lepanto, Batalla de

Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.

Palabras veciñas

Lepadogaster | Lepage, Robert | Lepanto | Lepanto, Batalla de | leparxílico, ácido | Lepe | lepear