Lepe
Lepe
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en La Tierra Llana, ao O da capital provincial (19.676 h [2001]). Esténdese ata a desembocadura do río Piedras. A súa economía baséase na agricultura e na gandería ovina e bovina e, sobre todo, nas actividades pesqueiras. A igrexa de Santo Domingo de Guzmán foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC, 1985), así como a Torre del Catalán (BIC, 1993).