Locaia, santa
Locaia, santa
(Toledo? s IV - ?) Virxe e mártir. Negouse a abxurar das súas crenzas cristiás e sufriu persecución e martirio na época de Diocleciano. É unha das santas máis antigas no culto hispánico (s VII). Viste túnica e manto e leva como atributos unha cruz ou unhas cadeas nas mans. É patroa de Toledo e a súa festividade celébrase o 9 de decembro.