local

local

(< lat locāle)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a un lugar, comarca ou país.

      Ex: O concello ten un corpo de policía local.

    2. adx e s [DEP]

      Aplícase ao equipo do lugar onde se celebra o encontro.

      Ex: O equipo local é o favorito para gañar a copa. Os locais venceron por tres a cero.

  1. adx

    Aplícase a aquilo que se refire a un concello ou provincia, por oposición a xeral ou estatal.

  2. adx

    Que afecta só a unha parte do corpo.

    Ex: Foi operada con anestesia local.

    Antónimos: xeral.
  3. adx [INFORM]

    Aplícase á calquera elemento (proceso ou máquina) ligado a un sistema informático pola proximidade, ou máis concretamente, pola existencia dunha conexión eléctrica de tipo non telefónico, por contraste con remoto.

  4. adx [MAT]

    Aplícase ás propiedades, nocións ou teoremas que poden ser enunciados para un contorno dun punto do espazo topolóxico considerado e que, polo tanto, son válidos para calquera punto do contorno.

    1. s m

      Espacio dunha construción ou edificio, pechado e acondicionado debidamente para determinados usos.

      Ex: A sede do partido está nun local do edificio onde vivo.

    2. local nocturno

      Local público aberto en horario nocturno, destinado xeralmente ao lecer, a espectáculos ou a entretementos.

    3. local público [DER]

      Local destinado a actividades públicas ou que está aberto en principio a toda a xente.

    4. local social

      Sede dunha endidade, empresa ou club.