lonxitude

lonxitude

(< lat longitūdĭne)

    1. s f

      Dimensión maior dunha superficie, en oposición a largo.

      Ex: Descoñezo a lonxitude desta cinta.

      Sinónimos: longura.
    2. s f

      Dimensión maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.

      Ex: O autobús ten máis lonxitude do habitual.

      Sinónimos: longura.
    3. lonxitude de difusión [FÍS]

      Magnitude que na teoría dos reactores nucleares é proporcional ao traxecto cuadrático medio percorrido por un neutrón no estado térmico.

    4. lonxitude de moderación [FÍS]

      Magnitude que na teoría dos reactores nucleares é proporcional ao traxecto cuadrático medio percorrido por un neutrón ao ser retardado entre a súa creación por fisión e a obtención do estado térmico.

    5. lonxitude de onda [FÍS]

      [λ]

    6. lonxitude de onda complementaria [FÍS]

      Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada na proporción axeitada cunha luz cromátida dada, permite reconstruír unha luz acromática patrón.

    7. lonxitude de onda dominante [FÍS]

      Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada coa luz acromática patrón, permite reconstruír a luz considerada. É a magnitude colorimétrica que corresponde ao ton.

  1. s f [XEOG]

    Distancia en graos medidos sobre o Ecuador que hai desde un lugar respecto a un meridiano orixe (o que pasa polo antigo observatorio de Greenwich), a partir do que se conta negativamente de 0° a 180° cara ao O e positivamete de 0° a 180° cara ao L.

  2. lonxitude celeste [ASTRON]

    Arco da eclíptica determinado polo punto vernal e a intersección do círculo máximo que pasa polo astro, medido en sentido directo.

  3. lonxitude galáctica [ASTRON]

    Arco do círculo fundamental galáctico determinado polo círculo máximo que pasa polo astro e un punto que se toma como orixe, fixado por convenio.

Palabras veciñas

lonxipenna | lonxirrostro -tra | lonxistilo -la | lonxitude | lonxitudinal | Loo, van | looc*