Loo, van
Familia de artistas holandeses establecidos en Francia no s XVII. Jacob van Loo (Sluis, Zelanda 1614-1670) foi retratista da aristocracia parisiense. O seu fillo Abraham-Louis van Loo (Amsterdam 1656-Niza 1712) foi pintor decorador. O fillo deste, Jean-Baptiste van Loo (Aix-en-Provence 1687-1745), fixo o Retrato ecuestre de Luís XV e o Retrato de H. Walpole. O seu irmán, Charles-André van Loo , coñecido como Carel van Loo (Niza 1705-París 1765), traballou na igrexa de San Isidoro de Roma, en Turín, onde foi pintor do rei de Sardeña; e na igrexa de Notre-Dame-des-Vitoires (1735), en París, e foi pintor do rei (1762). Louis-Michel van Loo (Toulon 1707-París 1771), fillo de Jean-Baptiste, foi pintor de Filipe V de España (1735-1752) e autor de La familia de Felipe V (1743). O seu irmán Charles-Amedée Philippe van Loo (Rivoli 1719-París 1795) decorou os palacios de Berlín e Potsdam ao servizo de Federico II de Prusia.