Lucas, san
Xudeu helenizado. Evanxelista, foi discípulo de san Paulo. Considérase un dos autores tradicionais dos Evanxeos (o terceiro) e do Libro dos Feitos dos Apóstolos. Acompañou a san Paulo a partir da súa segunda viaxe por Grecia e Italia. Segundo a tradición foi célibe e morreu aos 84 anos; outras narracións considérano membro do grupo de discípulos de Xesús Cristo, pintor e mártir. Patrón dos médicos e dos artistas, na iconografía viste a túnica e palio dos apóstolos e leva como atributos un boi ou touro alado ou sen ás, símbolo de evanxelista, instrumentos de medicina e cirurxía, unha táboa ou icona coa imaxe da Virxe ou un pincel na man. É titular de tres parroquias e patrón dos concellos de Chantada, Mondoñedo e Pastoriza. A súa festividade celébrase o 18 de outubro.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Antioquía