Lucio Vero
Lucio Vero
Emperador romano (161-169). Adoptado por Antonio Pío, foi asociado ao trono, que compartiu con Marco Aurelio. Dirixiu a guerra contra os partos (161-166) e conseguiu a incorporación de Osreone, que foi anexada a Capadocia. Volveu a Roma (166) e máis tarde loitou contra as tribos xermanas na fronteira do Rin-Danubio (167). Morreu á volta desta campaña militar.