Laban, Rudolf von

Laban, Rudolf von

Coreógrafo. Foi unha figura clave no desenvolvemento da danza contemporánea, tanto no plano teórico coma no práctico e no pedagóxico. Formouse en París, onde prestou atención aos bailes e danzas de carácter popular de todo o mundo, e realizou viaxes de estudo por África, China e América do Norte. Despois de varias experiencias en Berlín, Viena e Dresden, onde colaborou como director de movemento de numerosas compañías de teatro, estableceuse en Múnic en 1910, onde creou un centro de formación que en 1937 trasladou a Manchester. En 1946 creou o Art of Movement Studio, e entre os seus discípulos destacaron Mary Wigman ou Kurt Jooss, que espallaron e desenvolveron o seu método, recollido en libros como El dominio del movimiento ou Danza educativa moderna. Das súas achegas máis transcendentais destacan os seus estudos arredor do movemento expresivo e o movemento no espazo ou as súas propostas para a notación do movemento corporal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bratislava

  • Deceso

    Lugar : Weybridge, Surrey