Labarta Pose, Enrique

Labarta Pose, Enrique

Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde coincidiu con numerosos intelectuais e escritores, como Valle-Inclán e Alfredo Brañas. Fundou e dirixiu diversos xornais e revistas, como Galicia Humorística (1888), La Pequeña Patria (1890), Galicia Moderna (1897) e Pasatiempos (1900), ademais de colaborar noutras publicacións periódicas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada. Escribiu, entre outras obras, Noventa y nueve céntimos de versos de todas las clases y arreglados á todos los gustos (1884), Bálsamo de Fierabrás (1889), Adormideras (1902) e Plantar un roble: Diálogo entre D. Simón y la Muerte (1925). Postumamente, publicáronse Cuentos humorísticos (1929), Poesías en gallego y castellano (1960), O Tío Miseria e outros contos (1970, 2002) e Obra completa (1995).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Baio, Zas

  • Deceso

    Lugar : Barcelona