Labirinto, pedra do

Labirinto, pedra do

Gravado rupestre situado en Mogor (Marín). Atópase sobre unha rocha de granito e presenta un labirinto con sucos profundos e anchos con cazoleta central, de tipo Tagliatella. Ademais hai outras cinco combinacións circulares, círculos sinxelos, cazoletas illadas e outras figuras. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.