labirinto

labirinto

(< lat labyrinthu < gr λαβύρινθος)

  1. s m
    1. [ARQUIT/]

      ­

    2. Circuíto con camiños intricados que, unha vez dentro, fan difícil atopar a saída.

    3. Cousa confusa e enleada.

  2. s m [ANAT]

    Conxunto de estruturas no interior do óso temporal que constitúen o oído interno. Consta dun compoñente membranoso (labirinto membranoso), que contén no seu interior a endolinfa, e está rodeado polo compoñente óseo (labirinto óseo), do que está separado pola perilinfa. No labirinto distínguense a denominada cóclea ou caracol pola súa forma en espiral, encargada da audición; e o vestíbulo, constituído polo utrículo, o sáculo e os canais semicirculares, na parte posterior, que participan no mantemento do equilibrio corporal.

  3. s m [FÍS/TECNOL]

    Xuntura estanca para fluídos que se emprega para unir órganos fixos e móbiles, que está provista dunha serie de paredes e compartimentos que producen unha forte caída de presión.

  4. s m [ARQUEOL/PREHIST]

    Gravado formado por liñas complexas con finalidade simbólica.

  5. s m [ARTE]

    Motivo decorativo formado por liñas en ángulos rectos ou en espirais, semellantes aos meandros, pero cun desenvolvemento radial.

  6. s m [ARTE]

    Lousa de carácter decorativo que se colocaba no cruceiro dalgunhas igrexas medievais.