Labrador, corrente do

Labrador, corrente do

Corrente mariña fría que se orixina no Océano Glacial Ártico e percorre as costas orientais de América do Norte ata confluír coa corrente cálida do Golfo. Transporta cara ao S grandes cantidades de bloques de xeo, que se disolven en contacto coa corrente cálida do Golfo. O plancto, adaptado á corrente cálida do Golfo, morre se é arrastrado cara á corrente fría do Labrador.