labradorita

labradorita

(

s f [MINERAL]

Feldespato calco-sódico, de fórmula (Na,Ca)[Al(Al,Si)2SiO8]. Pertence á serie das plaxioclasas, cristaliza no sistema triclínico e ten hábito tabular. A súa composición química oscila entre un 50% de albita e un 50-70% de anortita. É de cor branca ou gris e ten brillo vítreo. Ten unha dureza de 6 a 6,5 e unha densidade de 2,69 a 2,72. Aparece formando parte de rochas magmáticas básicas e intermedias.