Labris
Labris
[PUBLIC]
Revista publicada en Vigo a partir de 2000. Subtitulada “Revista da Escola Superior de Conservacións e Restauracións de Bens Culturais de Galicia”, foi elaborada polos profesores da escola para difundir diversos traballos de recuperación e restauración. A publicación, que contou coa axuda da Xunta de Galicia, incluíu entrevistas, artigos sobre proxectos de restauración, formación e bibliografía.