labro

labro
  1. s m [ENTOM]

    Peza dos insectos situada entre as bases das mandíbulas, ás que protexe, e que colga do clípeo (onde se insiren os seus músculos dilatadores). Na súa parte posterior posúe órganos quimiorreceptores. Tamén recibe o nome de labio superior.

  2. s m [BOT]

    Labio superior do cáliz, nas flores das lamiáceas.