Laburnum

Laburnum
[PLANTA]

Xénero de árbores caducifolias, da familia das fabáceas, que presentan follas trifoliadas, con estípulas pequenas, flores amarelas dispostas en acios colgantes co cáliz desenvolvido e bilabiado e froito dehiscente. A súa orixe é do centro e SL europeo, e inclúe as dúas especies L. anagyroides, moi común en parques e xardíns como árbore ornamental, e L. alpinum.

Palabras veciñas

Labrunie, Gérard | Labrus | Labuan | Laburnum | Lac | laca | Lacaba i Vila, Ignasi