laca
(<ár hispano lákk < ár lakk < persa lāk < sáncr lākkā)
-
s
f
[QUÍM]
-
erniz duro e brillante que se obtén a base de laca natural ou de produtos sintéticos, principalmente nitrocelulosa, acetato de celulosa, resinas vinílicas ou resinas acrílicas, en disolventes orgánicos moi volátiles. Aplícase á pintura, á acuarela, aos mobles e ao estampado de tecidos. Apareceu en China na época da dinastía han e foi perfeccionada durante a dinastía tang. En 1680, a fundación da fábrica do pazo real de Pequín permitiu unha maior difusión, coa aplicación de madreperlas. No s XV, foi introducida en Xapón, onde se chegou a unha técnica moito máis depurada, e en Europa, onde destacaron os venecianos. Tiveron unha grande expansión no s XVIII, co gusto polos chineiros.
-
Resina producida polos insectos da subfamilia dos lacciferinos, especialmente o Laccifer lacca, que se atopa formando colonias en árbores en India, Tailandia, Myanmar e Indochina. Emprégase na fabricación de vernices, no tratamento das peles ou na decoración de obxectos de arte.
-
Resina producida pola exsudación de certos vexetais. Principalmente provén das especies Melanorhoea laccifera (laca de Birmania), Rhus sucedanea (laca de Indochina), Rhus vernicifera (laca de China) e Rhus orientalis (laca de Formosa), que, aplicada en películas finas, se endurece en contacto co aire e se volve transparente e resistente aos ácidos, aos alcalinos e a boa parte dos disolventes orgánicos. Emprégase na preparación dos vernices.
-
-
s
f
[TÉXT]
Composto insoluble, con cor propia, que resulta da acción dun colorante sobre un mordente.
-
s
f
[IND]
Produto feito a base de resinas sintéticas que, vaporizado sobre os cabelos, recóbreos dunha capa protectora e evita que se despeiten.