laca

laca

(<ár hispano lákk < ár lakk < persa lāk < sáncr lākkā)

  1. s f [QUÍM]
    1. erniz duro e brillante que se obtén a base de laca natural ou de produtos sintéticos, principalmente nitrocelulosa, acetato de celulosa, resinas vinílicas ou resinas acrílicas, en disolventes orgánicos moi volátiles. Aplícase á pintura, á acuarela, aos mobles e ao estampado de tecidos. Apareceu en China na época da dinastía han e foi perfeccionada durante a dinastía tang. En 1680, a fundación da fábrica do pazo real de Pequín permitiu unha maior difusión, coa aplicación de madreperlas. No s XV, foi introducida en Xapón, onde se chegou a unha técnica moito máis depurada, e en Europa, onde destacaron os venecianos. Tiveron unha grande expansión no s XVIII, co gusto polos chineiros.

    2. Resina producida polos insectos da subfamilia dos lacciferinos, especialmente o Laccifer lacca, que se atopa formando colonias en árbores en India, Tailandia, Myanmar e Indochina. Emprégase na fabricación de vernices, no tratamento das peles ou na decoración de obxectos de arte.

    3. Resina producida pola exsudación de certos vexetais. Principalmente provén das especies Melanorhoea laccifera (laca de Birmania), Rhus sucedanea (laca de Indochina), Rhus vernicifera (laca de China) e Rhus orientalis (laca de Formosa), que, aplicada en películas finas, se endurece en contacto co aire e se volve transparente e resistente aos ácidos, aos alcalinos e a boa parte dos disolventes orgánicos. Emprégase na preparación dos vernices.

  2. s f [TÉXT]

    Composto insoluble, con cor propia, que resulta da acción dun colorante sobre un mordente.

  3. s f [IND]

    Produto feito a base de resinas sintéticas que, vaporizado sobre os cabelos, recóbreos dunha capa protectora e evita que se despeiten.