lactosa
lactosa
s
f
[BIOQ]
Disacárido natural que por hidrólise dá lugar a D-galactosa e a D-glicosa. Sintetizada nas glándulas mamarias, está presente, como única fonte natural coñecida, no leite dos mamíferos. Cando o leite fermenta pola acción das bacterias, como os lactobacilos, transfórmase en ácido láctico. OBS: Tamén se denomina azucre de leite.