Laetiporus

Laetiporus
[FUNGO]

Xénero de fungos basidiomicetos, da familia das corioláceas, que presentan forma de sombreiro imbricado formando masas, moi alongado coa marxe moi irregular e de cor laranxa. Carecen de pé e a súa carne é grosa. Son parasitos de árbores caducifolias. En Galicia pódese atopar a especie L. sulphureus.