Laffón, Carmen

Laffón, Carmen

Pintora y escultora. Formada inicialmente co profesor de debuxo Manuel González Santos, proseguiu os seus estudos na  Escuela Superior de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e rematounos na Real Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid en 1954. Ampliou os seus estudos por Europa grazas a unha bolsa do Ministerio de Educación e percorreu Roma, Viena e Holanda, entre outras cidades. No 1958 expuxo por primeira vez de xeito individual, no Ateneo de Madrid e no Club La Rábida de Sevilla. Entre 1960 e 1962 estableceuse en Madrid, onde formou parte do cículo da galerista Juana Mordó. Establecida de novo en Sevilla, creou a escola de debuxo, pintura e gravado El Taller e iniciou a súa actividade docente, xunto con Teresa Duclós e Javier Soto. En 1975 conseguiu a Cátedra de Debuxo do Natural na Escuela de Bellas Artes de Sevilla, onde permaneceu ata 1981.

A súa pintura é intimista, con paisaxes e naturezas mortas de carácter realista, aínda que tamén mantivo contacto coa abstracción. Desde a década do 1990 traballa tamén a escultura. Da súa produción destacan, entre outros cadros, os titulados MaternidadLa novia, Hojas y sarmientos, Cepas, La otra carta, Rosas para mi maestro e Homenaje a Zabaleta. En 1992 realizouse unha exposición restrospectiva da súa obra no Museo Reina Sofía de Madrid, en 2014 presentou a exposición El paisaje y el lugar no Centro Andaluz de Arte Contemporáneo de Sevilla e en 2018 presentou a exposición Un estudio en la calle Ybarra, organizada pola  Universidade de Sevilla. Entre outros galardóns, recibiu o Premio La Rábida (1959), Premio Nacional de Artes Plásticas (1982), Medalla ao Mérito das Belas Artes (1992) e Premio Tomás Francisco Prieto. Fundación Casa de la Moneda (1999), Premio Pablo Picasso (2007) e o Premio de Cultura Comunidad de Madrid na categoría de Artes Plásticas (2012). Académica da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, concedéuselle a Medalla da Cidade de Sevilla (2007), foi nomeada Filla Predilecta de Andalucía (2013) e recibiu a Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio (2017).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla