Lago Alonso, Xulio
Actor, iluminador e director de escena. Iniciou a súa actividade profesional como actor en diversos grupos afeccionados de Vigo, onde tamén participou na creación de Esperpento, Teatro Joven, co que comezou a súa andaina como director e desde o que se promoveu a realización das Jornadas de Teatro. Entre 1974 e 1978 estivo en Madrid, onde participou na creación do grupo La Picota, co que dirixiu o espectáculo El señor Galíndez. En 1984 participou na posta en marcha do Centro Dramático Galego, e dirixiu o primeiro espectáculo da compañía, Woyzeck, para a que tamén realizou A noite vai como un río e A fiestra valdeira, actuando igualmente en traballos como Rosalía, A burla do galo e Daquel abrente. Desde 1995 a súa traxectoria profesional vinculouse á compañía Teatro do Atlántico, coa que dirixiu e actuou na maioría das producións, aínda que tamén colaborou como director noutras compañías, como Talía Teatro e Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, realizando espectáculos con textos de distintos autores. En 1991 recibiu o Premio Compostela de Dirección de Escena por Historia de Neera e en 1997 o seu espectáculo A noite das tríbades obtivo varios premios María Casares. Participou como actor nalgunhas series de televisión como Mareas vivas ou Terra de Miranda. Tamén traballou en longametraxes como El rey del río (1994), Dáme algo (1997) ou O lapis do carpinteiro (2003).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo