lagostino

lagostino
  1. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da orde dos decápodos, de 20 cm de lonxitude máxima, que se caracteriza pola primeiras antenas moi curtas e xuntas, e polas ramas internas das segundas antenas, moi anchas e planas. Os tres primeiros pares de patas torácicas rematan en pinzas (o terceiro par é maior ca os demais), e axudan na mastigación, e os dous pares torácicos restantes rematan nunha unlla, e colaboran na locomoción. Os cinco pares de patas situadas no abdome, están adaptadas para poder nadar. Aliméntase durante a noite, e comen moluscos, gusanos ou algas; durante o día permanecen enterrados na area. Vive en praias areosas e nas desembocaduras dos ríos. Vive no Mediterráneo e no Atlántico oriental.

  2. s m [ANIMAL]

    cigala.

  3. lagostino francés [ANIMAL]

    santiaguiño.