Laguna de Duero

Laguna de Duero

Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado ao S da capital provincial, entre os ríos Pisuerga e Duero (19.013 h [2001]). Ademais da agricultura de secaño (cereais e viñas), o canal do Duero permitiu os cultivos de regadío (hortalizas). Ten gandería (vacúa e ovina) e industrias derivadas.