laicado

laicado

(< laico)

s m [RELIX]

Conxunto de fieis que non son cregos nin monxes. Este termo aplícase na Igrexa desde comezos do s III. Tarefas específicas dos laicos son cumprir a obra de Deus a través da realización da obra do mundo, e considerar as cousas por elas mesmas e non unicamente na súa relación con Deus. A partir da Revolución Francesa, e no que respecta á Igrexa Católica, desde o Concilio II do Vaticano, o laicado acadou un papel máis dinámico na vida da Igrexa.

Palabras veciñas

laiar | Laias | Laibach | laicado | laical | laicidade | laicismo