laicismo

laicismo

(< laico)

  1. s m

    laicidade.

  2. s m [HIST/POLÍT]

    Doutrina que defende a independencia da sociedade e, particularmente, do estado, de toda influencia eclesiástica ou relixiosa. O pensamento laicista recibiu en Francia a súa expresión clásica e exerceu unha influencia notable noutros países europeos ata o s XX. As raíces espirituais do laicismo atópanse no Renacemento, no humanismo e na Ilustración. Nesta época tomou forma a conciencia do propio valor e da autonomía do mundo en todas as súas ordes e procurou liberarse da tutela eclesiástica. O pensamento xurídico civil situou a xustificación da relixión nun dereito individual, pertencente á esfera privada da persoa.

Palabras veciñas

laicado | laical | laicidade | laicismo | laicista | laicización | laicizar