Lamapereira López, Antón
(Ferrol 1945) Actor, director e animador teatral. Diplomado pola Escola D Expresió de Barcelona, iniciou a súa traxectoria (1975) no movemento de teatro escolar potenciado desde as Universidades Laborais, para despois integrarse en Teatro Circo, grupo co que participou no espectáculo Os vellos non deben namorarse (1977). Foi un dos fundadores da Escola Dramática Galega e, durante o tempo que presidiu a entidade (1981-1985), potenciou un proceso de descentralización que levou á constitución, despois fallida, dunha sección da Escola en Vigo. Da experiencia naceu a compañía profesional Teatro de Ningures, na que colaborou. No eido do teatro escolar potenciou a creación de grupos como Kalandraka. Desde 1981 promoveu a edición do Boletín de Información Teatral, que se converteu posteriormente na Revista Galega de Teatro. Ten publicado diversas colaboracións sobre o feito teatral e traballos de carácter pedagóxico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol