Lamelas, pazo de
Lamelas, pazo de
Construción situada en Priegue (Nigrán). Ten planta en forma de T e tres alturas. Conserva unha capela exenta de planta rectangular con porta e arco de medio punto. A espadana remata nunha cruz de pedra. Segundo dúas inscricións conservadas na capela, foi fundado polos clérigos don Manuel, don Gregorio e don Xoán de Puga en 1693.