Lancelote
Lancelote
[ONOM]
Adaptación do nome francés Lancelot, onde se aplicou o dobre diminutivo -el-ot ao nome xermánico Lanzo, derivado da raíz landa ‘país’. Presenta a variante Lanzarote. Este nome xa se usou na Idade Media como consecuencia da popularidade que acadaron as novelas de cabaleiros.