1 lancha
1 lancha
(
-
s
f
[MAR]
Embarcación pequena, a remo ou motor, que se emprega na pesca costeira. Dependendo da especie capturada ou do tipo de arte empregada, recibe o nome de lancha xeiteira, polveira, volanteira, pincheira ou de relinga.
Confrontacións: batel, chalana, gamela. -
s
f
[MAR]
Bote auxiliar que se emprega no tráfico dos portos para transporte de carga ou persoas.
-
s
f
[MAR]
Embarcación que levaban a bordo os navíos e fragatas e, en xeral, os veleiros de certa tonelaxe, e que se empregaba en traballos auxiliares.
-
lancha de relinga
[MAR]
Embarcación de pequeno tamaño que se empregaba para traballar coa arte do xeito e coa arte de enmalle para a pesca da sardiña.
-
lancha de salvamento
[MAR]
Embarcación pequena que portan os grandes navíos e que empregan en caso de naufraxio.
-
lancha lanzamísiles
[MAR/BÉL]
Embarcación de guerra equipada con mísiles.