batel

batel

(< fr ant batel)

  1. s m [MAR]

    Embarcación pequena a remo, estreita e con bancadas que serven de asento aos remeiros que se emprega no servizo dos portos e na desembocadura dos ríos.

  2. s m [MAR]

    En Euskadi, embarcación de pequenas dimensións, con dúas proas, manexada con tres remos e fondo plano e que se emprega xeralmente como barco auxiliar nos labores de pesca.

  3. s m

    Peza, xeralmente de metal e con forma de maza, pendurada no interior dunha campá e que, ao bater nesta, fai que soe.

    Ex: Á hora da misa o sancristán abaneou o batel.

    Sinónimos: badalo.

Palabras veciñas

bátega | bategada | bategar | batel | Batel | bateleiro -ra | Bateman, Henry Mayo