land*

land*
s m [XEOG/ADM]

Circunscrición administrativa de primeira orde de Alemaña e de Austria. En Alemaña, segundo a Constitución de 1949, os länder (15, ademais da capital federal, Berlín) son estados confederados que dispoñen dos seus propios órganos lexislativos e executivos. Pola súa banda, os 9 länder de Austria son, conforme á Constitución de 1920, estados federados (denomínanse oficialmente bundesland) dotados dunha autonomía moi ampla que inclúe tamén gobernos e parlamentos de seu.