land art*

land art*
[ARTE]

Actividade artística despregada fóra do ámbito das galerías de arte e de calquera área habitada, é dicir, en plena natureza. Deste xeito, a paisaxe deixa de configurar o contorno da obra de arte para converterse en obra artística. Foi practicada por membros do movemento conceptual estadounidense, como Christo, B. Flanagan, R. Smithson e D. Oppenheim, durante a década de 1970.