Lanjarón
Lanjarón
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en Las Alpujarras (3.705 h [2001]). Posúe cultivos de cereais, oliveiras e legumes, e gandería vacúa, porcina e ovina. A abundancia de fontes de auga mineral favoreceu as industrias relacionadas co embotellamento e a hostalería, das que destaca un balneario.