lanza

lanza

(< lat lancĕa)

  1. s f [HIST/BÉL]
    1. Arma ofensiva e defensiva, que consiste nun pau longo de madeira que ten na punta un elemento punzante e cortante, como unha folla de sílex ou unha lámina de metal. Empregada especialmente por soldados a cabalo, a miúdo estaba adornada cunha bandeiriña. A invención da lanza pode remontarse á época paleolítica, na que as puntas eran de sílex tallado, posteriormente substituído por metal. Caeu en desuso coa utilización das armas de fogo.

      Sinónimos: hasta.
    2. Soldado armado cunha lanza.

  2. s f

    Peza longa de madeira unida polo seu extremo inferior á parte articulada dianteira dunha carruaxe, aos lados da que se engachan os cabalos ou outros animais de tiro.