lanza
lanza
(< lat lancĕa)
-
s
f
[HIST/BÉL]
-
Arma ofensiva e defensiva, que consiste nun pau longo de madeira que ten na punta un elemento punzante e cortante, como unha folla de sílex ou unha lámina de metal. Empregada especialmente por soldados a cabalo, a miúdo estaba adornada cunha bandeiriña. A invención da lanza pode remontarse á época paleolítica, na que as puntas eran de sílex tallado, posteriormente substituído por metal. Caeu en desuso coa utilización das armas de fogo.
Sinónimos: hasta. -
Soldado armado cunha lanza.
-
-
s
f
Peza longa de madeira unida polo seu extremo inferior á parte articulada dianteira dunha carruaxe, aos lados da que se engachan os cabalos ou outros animais de tiro.