Lanzada, xacemento da

Lanzada, xacemento da

Xacemento de época castrexa e romana situado en Sanxenxo, preto da ermida de Nosa Señora da Lanzada. Atopouse unha necrópole con catro niveis de ocupación: o superior de planta circular e realizado en cachotería; o seguinte con construcións de planta circular e cuadrangular e no que se atoparon pezas cerámicas e obxectos de bronce; un terceiro nivel con construcións de planta circular; e o cuarto no que se atoparon fragmentos de obxectos de cerámica. Os restos funerarios atopados corresponden a inhumacións dos ss III e IV segundo os obxectos cerámicos e metálicos encontrados.