lanzafume
lanzafume
(< lanzar + fume)
s
m
[BÉL]
Dispositivo emisor de néboas ou fumes destinado a ocultar o despregamento de tropas ou medios de guerra, como barcos ou avións, á observación inimiga. Superado este sistema de ocultación polos progresos electrónicos, como radar ou infravermellos, só os tanques conservan na torre, diversos lanzadores de granadas fumíxenas, similares ás que se lanzan a man.