lanzagranadas
lanzagranadas
(
s
m
[BÉL]
Arma portátil que dispara granadas mediante unha carga de propulsión. Na Segunda Guerra Mundial foi empregada polo exército de EE UU, denominado bazooka, e polos alemáns, panzerfaus. O lanzador consistía nun tubo de metal lixeiro e sen recámara (canón sen retroceso). O tiro prodúcese por acendido eléctrico e a granada, de 3 a 4 kg, acada preto de 400 m. Os modelos máis recentes, moi reducidos, adáptanse ao gardamán do fusil de asalto lanzando proxectís de 40 mm. Tamén hai lanzagranadas automáticos, de tiro rápido, montados preferentemente en helicópteros de ataque.