lanzón

lanzón
  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Nome que reciben distintos peixes dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus, que presentan o corpo moi alongado e comprimido.

  2. lanzón branco [ANIMAL/ICT]

    Peixe óseo, de ata 29 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido, cabeza forte con ollos grandes e aleta dorsal curta á que lle segue unha adiposa próxima á base da aleta caudal. É de cor abrancazada con puntos negros ao longo do costado. Aliméntase de peixes e crustáceos.

  3. lanzón común [ANIMAL/ICT]

    bolo común.

  4. lanzón marelo [ANIMAL/ICT]

    Peixe óseo carnívoro, de ata 1 m de lonxitude, que presenta o corpo e a cabeza alongados e comprimidos lateralmente, ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas. É de cor amarela con puntos negros nas partes ventrais.

  5. lanzón vela [ANIMAL/ICT]

    Peixe óseo, de ata 2 m de lonxitude, que presenta o corpo moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, que ocupa case todo o dorso, en forma de abano, e pel sen escamas. É de cor verdosa con reflexos azulados no costado. Aliméntase de peixes, cefalópodos e crustáceos.

Palabras veciñas

lanzatorpedos | Lanzhou | lanzoa | lanzón | Lanzós | Lanzós | Lanzós