Lanzós
Lanzós
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Louredo (Mos) e que entronca cos Andrade. As súas armas levan, en campo de azul, un carballo ao natural, perfilado de prata e terrazado de sinople e, arrimadas á súa copa, cinco lanzas de prata, coas varas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, e dez lanzas, apoiadas ao seu tronco; bordo de ouro.