lao

lao
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos laos ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo lao.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de orixe surmongólida do grupo tai, establecido nas beiras do curso medio do río Mekong, na República de Laos, e no N de Tailandia. Constitúen a maior parte da poboación de Laos e dedícanse á agricultura. A súa relixión maioritaria é o budismo.

  4. s m [LING]

    laosiano.

Palabras veciñas

Lanzós | Lanzós | Lanzós | lao | Lao She | Lao Tse | Laocoonte