Laocoonte

Laocoonte
[MIT]

Sacerdote de Apolo Timbreo en Troia. Con Antíope tivo a Etrón e Melanto. Segundo a Eneida opúxose á introdución na cidade do cabalo de madeira que os gregos deixaran diante das súas murallas; como castigo a este acto sacrílego morreu asasinado, xunto cos seus fillos, por dúas xigantescas serpes. O episodio quedou plasmado no grupo escultórico da escola rodia (Museo Vaticano), que acadou moita influencia entre os escultores renacentistas e manieristas.

Palabras veciñas

lao | Lao She | Lao Tse | Laocoonte | Laodicea | Laodicea ou Laodicea de Mar | Laoise