Laodicea

Laodicea

Antiga cidade de Frixia, fundada no s III a C por Antíoco II. Baixo o dominio romano foi capital de Frixia Prima. Fortificada durante a época bizantina, a causa das invasións musulmanas, foi conquistada polos turcos no s XII. Foi unha das sete igrexas mencionadas na Apocalipse. En 363 celebrouse un sínodo para a liturxia. Consérvanse restos do estadio (s I), do teatro e do acueduto, entre outros.

Palabras veciñas

Lao She | Lao Tse | Laocoonte | Laodicea | Laodicea ou Laodicea de Mar | Laoise | Laomedonte