Laomedonte

Laomedonte
[MIT]

Rei de Troia, fillo de Ilos e Eurídice. Tivo varios fillos; entre eles Príamo e Hesíone. Mandou construír as murallas da cidadela e recorreu a Apolo e Posidón. Como se negou a pagarlles a estas divindades o salario convido, a cambio da axuda prestada, enviaron ao país moitas desgracias e calamidades; entre elas, o monstro mariño enviado por Posidón. Cando Heracles conseguiu matalo, Laomedonte negouse a entregarlle os cabalos divinos que lle prometera; daquela, acaudillou un exército e tomou a cidade troiana axudado por Telamón e matou a Laomedonte e os seus fillos agás Príamo.

Palabras veciñas

Laodicea | Laodicea ou Laodicea de Mar | Laoise | Laomedonte | Laon | Laos | laosiano -na