laosiano -na

laosiano -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Laos, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Laos.

  3. s m [LING]

    Lingua do grupo tai-kadai do phylum áustrico que se fala en Laos e Siam. De estrutura monosilábica, o laosiano consta de seis tons e rexistra, no seu léxico, unha grande influencia do chinés. OBS: Tamén se denomina lao.

  4. literatura laosiana [LIT]

    Literatura desenvolvida polo pobo de Laos. Os textos máis antigos son inscricións sobre pedra, do s XIII. É dunha gran riqueza a produción relixiosa conservada polos monxes budistas nos seus pagodes. Posúe tamén, de orixe india, manuais técnicos, códigos de leis e costumes, tratados de política e escolmas de preceptos. Os singulares episodios do Rāmāyāna forman o chamado ciclo Phra bak Phra Lam; destaca, así mesmo, o Pañchatantra. A novela en prosa Usaparōt contén unha mestura de elementos budistas e indíxenas. En canto á literatura popular destaca Nam dok mai (Conto das flores), dun gran lirismo e simplicidade.

Palabras veciñas

Laomedonte | Laon | Laos | laosiano -na | Laozi | 1 lapa | 2 lapa