Lapa, Manuel Rodrigues
Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos galego-portugueses. Por uma Galiza renovada (1979), que reúne traballos con Galicia como tema común.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Anadia -
Deceso