Lapido Angueira, Pedro
Lapido Angueira, Pedro
Cura e guerrilleiro. Foi revisor de Gracia e Xusticia e presidente da Academia de Cánones de Santiago de Compostela. En Muxía, ao inicio da invasión francesa, dirixiu a xunta permanente do seu partido xudicial e comandou as tropas que se enfrontaban cos franceses na defensa de Corcubión. Cesado e perseguido, refuxiouse en Vigo e incorporouse á División do Miño coa que participou na Batalla de Ponte Sampaio. Na década de 1820 foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e provisor.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cruces, Padrón